19 de noviembre de 2014

MÁIS XOGOS DO CORPO HUMANO!!!!

Aquí deixamos máis xogos do corpo humano, estes son máis axeitados para os pitiños máis grandes. Agardamos que vos gusten!!! A xogar!!!!


http://www.cajastur.es/clubdoblea/diviertete/juegos/elcuerpohumano.html


http://www.tudiscoverykids.com/juegos/cuerpo-humano/


http://nea.educastur.princast.es/repositorio/RECURSO_ZIP/1_ibcmass_u01_identidad/index.html

   http://www.educanave.com/sitemap_archivos/recursosparaaprenderelcuerpohumano.htm



18 de noviembre de 2014

XOGAMOS COAS CARAS!!!

Os pitiños estamos traballando co corpo humano, así que deixamos estes xogos para que creedes caras divertidas e orixinais!!! 







16 de noviembre de 2014

CELEBRAMOS O MAGOSTO!!!!

Este venres, día 14, celebramos o MAGOSTO!!! Unha pequena representación do grupo XACARANDAINA acompañounos neste data tan especial. Ensinaron os seus traxes e os seus instrumentos musicais, a GAITA, o TAMBOR e a PANDEIRETA e tocaron e bailaron para todos nos!!! As profes Sandra e Helga subiron ao escenario para bailar con eles, graciñas profes por esa demostración!! Despois chegou o momento de COMER CASTAÑAS, que ricas estaban!!! Mil grazas a todos por esta festa marabillosa, pasámolo moi, moi, moi ben:


11 de noviembre de 2014

PREPARAMOS O MAGOSTO!!!!

Agardamos con moita ilusión a FESTA DO MAGOSTO!!! Mentres tanto imos escoitando cancións, contos, etc. Aquí deixamos algunha cousiña para ir facendo gana:

Conto de Ana Martínez: A CASTAÑA QUE REBENTOU COA RISA




Cancións:


9 de noviembre de 2014

CELEBRAMOS HALLOWEEN!!!!

Na clase de Inglés celebramos o HALLOWEEN!!! Explicamos en que consiste e onde se celebra. Convertimos a Monkey nunha bruxiña. Mentres facíamos un xogo moi  doado cos sombreiros de bruxa ("1, 2, 3 pass the hat, please"), vimos un par de capítulos de "MEG AN MOG". Tamén cantamos e bailamos algunhas cancións. Todo isto entre outras cousiñas máis. Aquí deixamos unha pequena mostra das cousas que vimos:





7 de noviembre de 2014

ACHÉGASE O MAGOSTO!!!!!

ATENCIÓN!!! O próximo VENRES DÍA 14 celebraremos o MAGOSTO!!! Para gozar desta data tan especial temos que construir nas nosas casas este trebello. É moi doado!!! Precisamos dous envases de zume, leite, etc. cortados pola metade. Grampámolos e decorámolos ao noso gusto. So queda poñer un cordón de la para poder colgalo do pescozo. Nun envase botaremos as castañas e noutro botaremos as pelas. Así teremos as mans ben libres para COMER MOITAS CASTAÑAS e de paso non ensuciamos o chan!!! Se premedes na imaxe poderedes ver o proceso:

APARELLO DO MAGOSTO

2 de noviembre de 2014

CELEBRAMOS O SAMAÍN!!!!

Que ben o pasamos celebrando o SAMAÍN!!!!!! Fixemos caretas de cabazas, monstros, pintamos e decoramos cabazas e tamén fixemos unha MERENDA do Samaín!!! Convertimos plátanos en PANTASMAS e mandarinas en  CABAZAS!!! Tamén comemos galletas que eran SOMBREIROS DE BRUXAS, CABAZAS, PANTASMAS, MONSTROS, etc. Moitísimas grazas a todas as familias pola vosa colaboración!!! Feliz Samaín!!