23 de diciembre de 2013

FELICES FESTAS A TODOS/AS!!!! FELIZ ANO 2014!!!!

Que ben o pasamos na nosa festa do Nadal!!! Canto gozamos!!! Bailamos, cantamos e comemos os 12 gusanitos para dar a benvida ao novo ano!!! Desexamos, de todo corazón, que teñades unhas marabillosas festas. Os nosos mellores desexos nestas datas!!!! Moitos bicos para os nosos pitiños e para as súas familias!!!

18 de diciembre de 2013

QUEREDES FALAR CON PAPÁ NOEL OU CON OS REIS MAGOS????

Aquí deixamos a ligazón para todos os pitiños que desexen falar tanto con PAPÁ NOEL coma coas súas maxestades os REIS MAGOS. Seguro que tedes moitísimas cousas que contarlles e eles precisan saber de vos para anotar ben os agasallos que encargades. Que emoción!!!! Premede na imaxe:


XOGOS DE NADAL

Aquí deixamos uns cantos xogos para que os nosos pitiños gocen nestas datas tan especiais!!!


OS PITIÑOS DE 5 ANOS ESTUDAMOS OS XOGOS, OS XOGUETES E O NADAL

Os pitiños de 5 anos investigamos moitas cousas sobre a Festa do Nadal e Fin de Ano. Tamén construimos maracas e teléfonos prehistóricos e aprendemos a xogar ao "Tres en raia". Somos uns fenómenos!!!!

 

OS PITIÑOS DE 4 ANOS ESTUDAMOS OS XOGOS, OS XOGUETES E O NADAL

Os pitiños de 4 anos estudamos moitas cousas sobre o Nadal e a Festa de Fin de Ano. Ademais, construimos con material de refugallo o xoguete "Atrapa a boliña" e aprendemos a xogar ao dominó. Estamos feitos uns "cracks"!!!!

 

OS PITIÑOS DE 3 ANOS ESTUDAMOS OS XOGOS, OS XOGUETES E O NADAL

Os pitiños de 3 anos estudamos e aprendemos moitas cousas sobre os xogos, os xoguetes e as festas de Nadal e Fin de Ano!!!!

 

17 de diciembre de 2013

CANTIGAS DE NADAL

Durante estes días estivemos a aprender moitas cantigas típicas destas datas, entre elas, A Cantiga de Nadal dos Pitiños do María Pita "Buscando unha estrela", que adaptámola do disco "O Quiquiriqui" editado pola Xunta de Galicia . Aquí tedes a letra por se queredes seguir cantándoa, la la la la la

Ademais, aquí podemos ver a Papá Noel e a súa banda cantando a nosa Panxoliña

12 de diciembre de 2013

SUPER CONCERTO DE PAPÁ NOEL!!!!!!

Pero que ben o pasamos no concerto de PAPÁ NOEL e os seus ELFOS!!!! Canto rimos, canto saltamos, canto bailamos o ritmo de rock!!!!  MARABILLOSO!!!!


OS PITIÑOS DE 5 ANOS TRABALLAN O CORPO HUMANO!!!

Os pitiños de 5 anos profundizamos moito máis no estudo do corpo humano, para algo somos os maiores!!! Mirade canto experimentamos e, por consiguinte, canto aprendimos:

OS PITIÑOS DE 4 ANOS TRABALLAN O CORPO HUMANO!!!

Os pitiños de 4 anos tamén andivemos estudando o corpo humano e moitas outras cousiñas con moito interese, mirade canto traballamos:


OS PITIÑOS DE 3 ANOS TRABALLAN O CORPO HUMANO!!!

Os pitiños de 3 anos estivemos traballando o corpo humano, mirade canto aprendimos!!!