29 de marzo de 2012

MIRADE QUE CANCIÓN MÁIS DIVERTIDA!!! COS NOSOS NOMES!!!

PAPIS, podedes escoitar esta canción co nome dos vosos pitiños!!! Soamente tedes que escribir en youtube "tina y tin", despois poñer o nome do voso/a fillo/a, e a gozar coa música!!!!



OS PITIÑOS DE 5 ANOS FACEMOS DE REPORTEIROS!!!

Fixemos de reporteiros por un día!!!! Escollimos as noticias que máis nos gustaron ou interesaron e contámolas diante da cámara, eso si, as veces, os nervios xogáronnos unha mala pasada.... xa sabedes como son os directos....

O MURAL DA PRIMAVERA DOS PITIÑOS DE 3 ANOS !!!

Aínda non o rematamos pero xa podedes ver o anticipo do que vai ser o noso MURAL DA PRIMAVERA!!! Que bonito vai quedar!!!!



OS PITIÑOS DE 5 ANOS TRABALLAMOS A PRENSA!!!

Levamos un tempiño traballando nos medios de comunicación. Queremos ensinarvos os traballiños que fixemos relacionados coa prensa escrita. Puxemos o título ao noso propio xornal e escribimos as nosas imaxinativaaaaaaaaaaaaasssssssssssss novas, mirade.....


22 de marzo de 2012

OS PITIÑOS DE 3 ANOS FAN AS SÚAS PORTADAS!!!

Este trimestre está chegando ao seu fin, pero nos xa temos preparadas as portadas dos nosos traballiños!!!! Mirade, mirade...

20 de marzo de 2012

CHEGOU A PRIMAVERA!!!!

Xa esta aquí a PRIMAVERA,  con este video podemos aprender algunhas cousiñas acerca desta estación cunha música de fondo preciosa, a primavera de Vivaldi!!!!

16 de marzo de 2012

CANCIÓNS DAS VOGAIS PARA OS PITIÑOS DE 3 ANOS

Encántannos estas cancións das vogais!!!!  Agora poderemos escoitalas tamén na nosa casiña, que ben!!!!

        

        

                              

O SON DA CHUVIA!!!!

Aínda non tivemos a oportunidade de que todos os nosos pitiños escoitaran e miraran este video xenial!!! Así que aí vai para todos vos en primicia!!!!


14 de marzo de 2012

12 de marzo de 2012

XOGOS DE MÚSICA!!!


Aquí deixamos este enlace de XOGOS MUSICAIS relacionados cos sons, cos que estivemos traballando ultimamente. A xogaaaaaarrrrr!!!!

A NOSA REPRESENTACIÓN DOS INSTRUMENTOS DUNHA ORQUESTRA SINFÓNICA

Xa coñecemos as familias dos instrumentos musicais, como se colocan na orquestra, de que están feitos, como soan, e moitas cousiñas mais. Agora podedes ver como debuxamos os instrumentos musicais da orquestra sinfónica cunha música de fondo preciosa, a ver se a recoñecedes....

OS INSTRUMENTOS MUSICAIS DA ORQUESTRA SINFÓNICA!!!

Os pitiños de 4 e 5 anos estamos traballando a composición da Orquestra Sinfónica. Que tipo de instrumentos compoñen unha orquestra sinfónica, como están distribuidos, etc. Aquí deixamos unha imaxe que amosa claramente estes aspectos:

OS PITIÑOS DE 4 E 5 ANOS ESCOITAMOS O BOLERO DE RAVEL!!!

Como nos gusta.... Escoitamos sempre con moita atención:

1 de marzo de 2012

OS PITIÑOS DE 4 E 5 ANOS COÑECEMOS A MAURICE RAVEL!!!

Xa sabemos algunhas cousiñas acerca deste gran compositor francés, mirade, mirade...

De Collages

OS PITIÑOS 4 E 5 ANOS VAN AO PALACIO DA ÓPERA!!!

Os pitiños de 4 e 5 anos fomos a un CONCERTO ao Palacio da Ópera. Pasámolo moi ben e aprendimos moitas cousas!!! As profesoras queremos salientar o bo comportamento de todos os nenos e nenas, estamos moi orgullosas dos nosos pitiños!!!! E tamén queremos dicir que temos moi pouquiñas fotografías do concerto porque non está permitido utilizar a cámara fotográfica durante o concerto.
Aquí deixamos as fotos dos PITIÑOS DE 4 ANOS



E aquí as dos PITIÑOS DE 5 ANOS