28 de febrero de 2012

CANCIÓN AFRICANA PARA OS PITIÑOS DE 4 E 5 ANOS!!!

Estamos traballando en distintos tipos de melodías e ritmos musicais. Como é natural temos gustos diferentes pero case todos os pitiños quedamos prendados cunha CANCIÓN INFANTIL AFRICANA, que acompañamos con palmas. Así que imos deixar aquí esta preciosa canción para que todos teñades a oportunidade de coñecela e gozar con ela:

24 de febrero de 2012

OS PITIÑOS DE 4 E 5 ANOS PREPARAMOS A VISITA AO PALACIO DA ÓPERA!!

A próxima semana os pitiños de 4 e 5 anos asistiremos a un CONCERTO no PALACIO DA ÓPERA. Estamos realizando distintos traballiños co fin de preparar a nosa saída e, deste xeito, aproveitar ao máximo esta maravillosa actividade.
O título do concerto é Ma Mere l´oye (Mamá Oca), que é un personaxe de orixe francesa o cal nos presentará e narrará a obra. O que imos escoitar é a escolma de Maurice Ravel baseada en catro contos de fadas da tradición francesa: A Bela Dormente, Polgariño, Feuchiña e A Bela e a Besta.
Imos deixar aquí as audicións do concerto por se queredes escoitalas:

O 1º movemento: A BELA DORMENTE. O momento no que a princesa dorme é o que describe o primeiro movemento da suite.
 "Pavana da Bela Adormecida". Audición: http://www.youtube.com/watch?v=k3-oAgXCnP4

O 2º movemento: POLGARIÑO. Recolle o momento no que Polgariño vai deixando caer faragullas de pan para non perderse no camiño.
"Polgariño". Audición: http://www.youtube.com/watch?v=sNAz2CbjHmM

O 3º movemento: FEUCHIÑA, EMPERATRIZ DOS PAGODAS (A SERPE VERDE). Describe o momento no que a moza se da un baño purificante mentres os pagodiños e pagodiñas cantan e tocan instrumentos.
"Feuchiña, emperatriz dos pagodas". Audición: http://www.youtube.com/watch?v=7vq6hAQJaRA

O 4º movemento:  A BELA E A BESTA. Ravel pon música as conversas entre os dous personaxes, a doncela fermosa e a Besta.
"As conversas da Bela e a Besta". Audición: http://www.youtube.com/watch?v=Eyk-jrEIPSA

O 5º movemento: O XARDÍN DAS FADAS. Momento no que o Príncipe se achega a bicar á princesa durmida e as fadas e trasnos do Xardín do Castelo da Bela Dormente espertan despois de tanto tempo.
"O xardín das fadas". Audición: http://www.youtube.com/watch?v=0WloPt3szkM&feature=related

17 de febrero de 2012

OS PITIÑOS DE 5 ANOS TRABALLAMOS A VISITA Á POLICÍA NACIONAL

Fixemos moitos traballiños relacionados coa nosa visita á POLICÍA NACIONAL. O que máis nos gustou foi facer o noso propio DNI, no que puxemos a nosa marca dixital!!! Aquí podedes ver algún deses traballiños, mirade, mirade....


De Collages

OS PITIÑOS DE 4 ANOS ESCRIBEN A RECEITA DOS PLANETAS!!

As boliñas de galleta que fixemos simulando os planetas estaban riquísimas pero faltábanos escribir a RECEITA!!!

10 de febrero de 2012

OS PITIÑOS DE 4 ANOS PASEAN POLO BARRIO!!!

Os pitiños de 4 anos saímos do cole para coñecer o barrio!!! Fixámonos moito nos distintos establecementos do barrio: FARMACIA, ÓPTICA, PANADERÍA, FLORISTERÍA, LIBRERÍA, etc. Tamén tivemos a oportunidade de falar con algún comerciante, que sorte!!! Canto aprendimos!!!

 

9 de febrero de 2012

OS PITIÑOS DE 3 ANOS TRABALLAN O NÚMERO 2!!!

Estamos traballando o número 2,  mirade que obras de arte fixemos coa axuda das nosas profes!!! Cando rematemos teremos o noso LIBRO DO NÚMERO 2, tal e como fixemos anteriormente co estudo do número 1.


OS PITIÑOS DE MARTA XOGAN NO SEU MERCADO!!!

Os Pitiños de Marta xogamos no mercado caracterizados perfectamente!! Temos bolso, carteiras, cartos, etc. Que ben o pasamos, e sobre todo CANTO APRENDEMOS!!!

3 de febrero de 2012

OS PITIÑOS DE 5 ANOS PREPARAMOS A VISITA Á POLICIA NACIONAL!!

Estamos preparando a visita á POLICÍA NACIONAL. Xa sabemos cal é a función dos policías nacionais, como é o seu uniforme, en que tipo de vehículos realizan a súa labor, cal e o número de emerxencia da Policía Nacional, etc. Aprendimos moitas cousas pero esperamos aprender moitísiiiiimas máis o vindeiro luns!!! Que ilusión temos!!!

De Collages

De Collages

OS PITIÑOS DE 5 ANOS COMPROBAMOS A TEMPERATURA!!

Xa sabemos que no inverno vai moito frío, pero queríamos saber CANTO?? Así que medimos a temperatura no interior e no exterior do noso colexio. Deste xeito fomos quen de poñer un número ao frío.